REFUXIOS DA MEMORIA

Recuperando a identidade libertaria e obreira das Atochas - Monte Alto

Refuxios da memoria

A identidade libertaria e obreira das Atochas – Monte Alto, que ata o ano 1936 impregnaba cada recuncho do barrio, foi barrida pola dictadura militar. Os Refuxios da Memoria son os lugares – ás veces íntimos, ás veces de caracter máis aberto e compartido – onde a memoria libertaria logrou recluirse, onde resistiu a súa total disolución, e dende onde ás veces logrou reproducirse.

Atochas 1937: O barrio non esquece

Na madrugada do 10 de Xullo do 1937 varios veciños e veciñas libertarias de Atochas | Monte Alto foron asasinados por tropas de asalto fascistas, tras irrumpir nas casas-refuxio das Atochas.

Defender a liberdade, reclamar a xustiza social, e non pregrarse ao réxime franquista costoulles a vida. Xa pasou case un século, pero seguen a habitar o espírito deste barrio.

Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer. Mulleres anarquistas I

Galería | Memorial Libertario