Refuxios da memoria

A identidade libertaria e obreira das Atochas – Monte Alto, que ata o ano 1936 impregnaba cada recuncho do barrio, foi barrida pola dictadura militar. Os Refuxios da Memoria son os lugares – ás veces íntimos, ás veces de caracter máis aberto e compartido – onde a memoria libertaria logrou recluirse, onde resistiu a súa total disolución, e dende onde ás veces logrou reproducirse.

Esta web nace coma un espazo de investigación sobre estes lugares de memoria e as súas conexións. Aquí se depositarán documentos (audio)visuais producidos por – ou en colaboración con – actores individuais e colectivos que manteñan algunha relación directa co barrio e/ou coa memoria libertaria. Reflexará, polo tanto, as diversas miradas de veciños e comerciantes, descendentes de anarquistas represaliados, activistas memorialistas, militantes libertarios, artistas, historiadores, urbanistas… sobre os diferentes espazos do barrio na súa conexión coa historia e a memoria libertarias.

Xunto a estes documentos se presentarán unha serie de análisis que,  impregando o método comparativo e mediante a superposición das diferentes miradas memorialistas que se cruzan no espazo urbano (así coma o seu contraste con documentos de arquivo e hemeroteca), nos permitan reconstruir os sentidos – dende unha perspectiva libertaria – destes lugares, asi como os itinerarios que resultan das diferentes conexións propostas polos informantes. Como resultado deste traballo de análisis trataremos de producir unha cartografía da memoria libertaria das Atochas.