Atocha Alta, 2 (Casa da Corales) / Praza J.M. Iglesias Mato

O 18 de xullo de 1937 as autoridades franquistas irrumpiron na vivenda situada no nº2 da rúa Atocha Alta. No piso baixo vivía Basilisa Álvarez González, muller de 41 anos que coñecida co alcume de La Coralespola súa pulcritude, era unha destacada mebro da rede de resistencia antifascista, ademáis de pertencer á sección coruñesa de Mujeres Libres. Antes da guerra Basilisa fora delegada da Sección de Empacadoras do Sindicato de Industria Pesquera, e antes diso, de noviña, adicárase á prostitución, do que dan conta varios informes policiais que entre os anos 1916 e 1923 dan parte de varias agresións machistas contra a súa persoa, así coma da súa detención por faltas á moral na vía pública.

Segundo un artigo asinado polo anarcosindicalista coruñés Luis Chamorro, para o xornal Cartagena Nueva, Basilisa levaba empregando a súa vivenda como lugar de agocho para os militantes libertarios dende os anos 20, ao longo das diferentes oleadas represivas que se sucederan, especialmente intensas durante a ditadura de Primo de Rivera. A da Coralesera, polo tanto, unha das casas-refuxio do barrio das Atochas de máis longa historia, e nela agocháronse numerosos fuxidos das autoridades franquistas dende xullo de 1936. No momento do asalto Basilisa albergaba a Fernando CaamañoAntonio Chamorro Castro, rapaz de 18 anos pretencente ás Juventudes Libertarias, e a Jesús Rodríguez, traballador ferroviario de 19 anos. Segundo din, o refuxio fora descuberto tra-la delación dun veciño, que ao ver ropa de home colgada dun tendal na vivenda do nº2 de Atocha Alta, advertira ás autoridades, nun momento en que estas estaban en pleno proceso de desarticulación das redes de resistencia libertaria e na procura dos militantes anarquistas. No asalto foi detido Antonio Chamorro, logrando fuxir por unha fiestra os outros dos homes xunto a Basilisa. Como recorda Laura Torres –que coñeceu a La Corales en vida, pola amizade que a unía coa súa nai, a tamén membro das Juventudes Libertarias Consuelo Meitín– esta non fora a primeira vez que as autoridades someteran a casa da Corales a un rexistro, e tampouco a primeira vez que Basilisa eludira o seu apresamento: «Cuando andaban haciendo revisiones y eso [as autoridades], ella se escapaba por los tejados. Saltaba… como había casas bajas, iba de unos tejados a otros y se iba escapando». 

La Corales pasou máis dun ano agochada por montes e aldeas cercanos á Coruña, ao ser dictada unha orde de busca e captura contra ela, tras ser encausada no proceso contra Antonio Chamorro. Á súa volta á Coruña refuxiouse na casa de Emilia Calderón, na Gaiteira, e adoptou a falsa identidade de Sofía Rodríguez [ou Sofía Martínez, segundo un artigo publicado no diario Galicia Libre o 20 de novembro de 1937, co título Nuestras amapolas en Galicia], pero pouco despois foi detida tras formar parte dunha tentativa de fuxida na traiñeira Tres Hermanos, e o 16 de novembro de 1938 condeada a vinte anos de cárcere.

[Fotografía de Consuelo Meitín e La Corales en novembro de 1949. Cedida por Laura Torres e Dolores Ares]

La Corales e Consuelo Meitín foron moi amigas, e mantiveron relación durante toda a súa vida. Tra-la guerra La Coralesadicouse a vender castañas cocidas, labor na que Laura Torres (a filla de Consuelo Meitín e José Torres) axudáballe. Na memoria de Laura, perviven algunhas historias sobre o paso de Basilisa polo cárcere, sobre as humillacións ás que foi sometida –«Una vez que la llevaron, que la cogieron, la pusieron a bailar desnuda encima de una mesa»– e sobre o seu carácter loitador e obstinado –«En la cárcel defendía a mucha gente (…) Se metió mucho a defender las ideas de ella»–.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *