As Atochas xurdiron no século XVIII coma un conxunto de vivendas e terras de labradío que conformaban unha pequena aldea extramuros. A progresiva instalación na península da Torre de Hércules dunha serie de industrias e cuarteis, así como o derrubo das antigas murallas da cidade no ano 1850, deron pé á súa conformación como barrio residencial obreiro, que acolleu a boa parte dos traballadores migrantes que acudiron á Coruña dende outras vilas e lugares do país. Esta periferia sería a partir do século XX un importante foco irradiador do movemento obreiro, sendo sede de importantes sindicatos, ateneos culturais e libertarios ou cooperativas de vivenda, así como lugar sometido a unha espacial represión tras o golpe de Estado militar de 1936. Monte Alto é a prolongación deste barrio cara á Torre de Hércules producida na segunda metade do século XX, o cal produciu a incorporación a este continuo urbano de emplazamentos coma o cemiterio de San Amaro e o Cárcere.
