Editorial libertaria da Coruña
Hoxe en día a cultura é unha mercadoría, un ben de consumo. Nós seguimos pensando, cos anarquistas do século XIX e comezos do XX, que a cultura ten que estar, sobre todo, ao servizo do cambio social.
Unha sociedade capitalista e consumista xera unha cultura e unha arte para a autoreprodución do sistema e a extracción de beneficios económicos. Esta cultura alimenta o statu quo, naturaliza o capitalismo, e nega calquera alternativa, dificultando a creación de horizontes de emancipación e desmobilizando en última instancia toda iniciativa de cambio.
Precisamente este é o obxectivo de Bastiana. Voltar ás fontes desta cultura obreira local, mergullarnos nela para perfilar unha cultura autónoma para o precariado do século XXI. Coñecer o mellor do noso pasado para incidir nun presente atravesado de precariedades, pero tamén de potencias de transformación social e cultural. Informar sobre vellos horizontes, quebrados pola furia nacionalcatólica xa fai case que un século, e buscar inspiración no esbozo de novos horizontes de emancipación. Lóxicamente este novo horizonte de emancipación debe ser moi diferente ao dos nosos devanceiros, máis pensamos que as ruinas do edificio construido por estes galeotes da liberdade e a xustiza social é un moi bo cimento sobre o que construir novas arquitecturas.