Canteira do Matadoiro / Estrada de circunvalación cara o Cárcere

O asasinato de Alejandro Basilio Palacios e José Torres Regueira

O 18 de xullo de 1937 apareceron na canteira do Matadoiro os cadáveres de Alejandro Basilio Palacios e José Torres Regueira. Os dous foran detidos tres días antes, o 15 de xullo, na fonda da familia Palacios Seijas, onde José estaba agochado tras fuxir da zona das Atochas na que se produciran os asaltos ás casas-refuxio. Tra-la súa detención José e Alejandro foron conducidos ao cuartel da Garda Civil, onde se lles interrogou e someteu a torturas:

«Vi a mi padre por última vez, cuando me llevaron al cuartel con mi madre, por la rejilla de un calabozo y me enseñó su pecho, le habían atizado y duro» (Alejandro Palacios, fillo de Alejandro Basilio Palacios)

Unha vez interrogados, os dous anarquistas foron conducidos cara o cárcere provincial, ao cal ningún dos dous chegou. Cando Pepita Canalejo foi á prisión provincial e preguntou ao director por Alejando, este respondeulle «aquí no llegó, se lo comieron». Segundo a comunicación oficial que ese mesmo día fixo a Garda Civil ao Exército podíase ler:

«A las dos de la madrugada de hoy, después de prestar declaración en esta casa-cuartel, era conducido a la cárcel el anarcosindicalista ALEJANDRO BASILIO PALACIOS (…) al pasar por las proximidades del Matadero con dirección a la Prisión se quiso aprovechar de la disminución de velocidad del vehículo en que era transportado en el momento de tomar este una curva cerrada, saltó de él a la carretera tratando de ganar las peñas donde poder ocultarse, dada la obscuridad reinante. Perseguido por los guardias Pedro Pellicer y Vicente Peralta, que lo conducían y después de repetidas voces de alto, hicieron varios disparos sobre él, dos de los cuales le alcanzaron originándole la muerte en una cantera próxima a la carretera»

Pola súa banda, e tamén segundo a versión oficial, José Torres, despois de prestar declaración «fue conducido para ser ingresado en la cárcel, a las cuatro horas de hoy [16 de xullo de 1937] por los guardias Pedro Pellicer y Luis Expósito Castaño, y al parar y apearse del automóvil en las proximidades de la cárcel antes de ser detenido por el centinela el detenido fiado sin duda por su corpulencia, empujó violentamente al Guardia Expósito lanzandose a campo traviesa cruzó la carretera de la Torre y Circunvalación a fin de ocultarse seguramente en las peñas de Punta Herminia, pero seguido de cerca por la pareja, que al verse desobedecida hizo sobre él varios disparos, consiguieron darle muerte alcanzado por varios de aquellos»

Aparte do sospeitosamente parecidas que son ambas versións –nas que ademáis de participar o mesmo garda Pellicer, e describir exactamente os mesmos feitos, incluso se repiten as expresións coma o relativo á ocultación “nas peñas”– a familia de Torres tivo acceso a outra información que sitúa a morte de José xunto á de Alejandro, na Canteira do Matadoiro:

«Los dejaron allí y les empezaron a pegar y entonces, a pesar de estar agarrados, dicen que los tenían como con una cuerda… pues que el hombre con el cuerpo que se echaba encima de la persona que los estaba torturando y les decía que si quereis matarnos, matarnos, pero no nos tortureis más. Osea que él como que se estaba defendiendo a pesar de estar maniatado. Pero ya se ve que lo acribillaron, dios mío, no les llegó con un tiro solamente, se cebaron» [Dolores Ares Torres, neta de José Torres]

Existe unha información complementaria, transmitida polo fillo de Alejandro ao seu neto, Chema: «Según decía mi madre que los que pasearon a su marido, fueron el cura Barrero, el cabo de la brigadilla Piñeiro, y un falangista». Esta información pon ainda máis en dúbida a versión oficial, dado que, alo menos na execución de Alejandro, non só participaron os gardas civís que o trasladaban á prisión provincial. Pero ademáis este non fora un caso illado. A aplicación da lei de fugas durante o traslado do cuartel da Garda Civil ao cárcere a era un suceso habitual, que só no marco da mesma operación de desarticulación das redes de resistencia anarquistas en xullo de 1937 ocorrera en tres ocasións máis, aparte de Alejandro e José:

«Los también detenidos JOSE GONZALEZ N., ALEJANDRO DELGADO FERNANDEZ, ANTONIO VARELA MIGUELEZ, JOSE TORRES REGUEIRA y ALEJANDRO BASILIO PALACIOS, por haberse dado a la fuga cuando eran conducidos a la prisión, según se dio cuenta oportunamente, fueron muertos a consecuencia de los disparos que sobre ellos hizo la fuerza que los conducía y persiguió cuando la intentaron» (Peche do atestado do Capitán da 3ª Compañía de Comandancia)

Os lugares de morte para-oficial

En paralelo aos lugares de execución oficial do Campo da Rata e de Punta Herminia, onde os militares sublevados en xullo de 1936 comezaron a súa operación de higiene social, por medio dunha serie de xuizos sumarísimos que remataron cos presos políticos ante o pelotón de fusilamento, ao logo da estrada de circunvalación que rodea o barrio de Monte Alto e conecta coa pescadería, constituíronse varios lugares de morte para-oficial.

Un tribunal invisible, creado polos delegados de órde pública e gobernadores civís xa no mes de agosto de 1936, ditou sentencias fora incluso do marco xurídico militar golpista, para sacar a presos da cadea e “pasealos” nas inmediacións do cárcere. O tribunal, con sede no Goberno Civil, e delegacións nos cuarteis da Garda Civil e de Falange, seleccionaba ás súas vítimas para que os señores de la noche –formadas por membros da Garda Civil, Falange, ou da milicia dos Caballeros de La Coruña– as executaran (Lamela, 2006). En moitas ocasións as vítimas desta patrulla del amanecer non chegaban a pisar o cárcere, xa que eran directamente sacados das súas vivendas e executados ou, como no caso de Alejandro e José, eran asasinados no seu traslado dente o cuartel da Garda Civil até o cárcere.

Unha vez cometido o crime, os corpos sen vida dos executados eran abandoados no espazo público, de modo que ao amencer foran descubertos por algún veciño. O cadáver do disidente político exhibido públicamente servía entón como advertencia das consecuencias de non plegarse ante as novas autoridades militares. Ainda que os cadáveres dos “paseados” aparecían en diferentes sitios ao longo de toda a comarca da Coruña, unha serie de lugares concretos nas inmediacións do cárcere provincial –como a praia das Lapas, o polvorín de Durmideiras ou a propia Canteira do Matadoiro– concentraron boa parte desta produción de morte, impregnando simbólicamente eses lugares, de modo que a súa identificación co asasinato fascista perdura ata hoxe.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *