Función da imaxe

Nesta investigación, e nesta páxina web, empregaremos a imaxe de tres modos diferentes:

1) Como ferramenta comunicativa

A imaxe coma ferramenta que facilite a interlocución entre investigador e informantes, por medio da técnica da fotoelicitación. O obxecto visual permite deste modo centrar a atención sobre as categorías de análise da investigación, ao focalizar sobre temas e motivos concretos, evitando a divagación característica das entrevistas que implican procesos de rememoración do pasado (Harper, 2002).

2) Como fonte de información

Os documentos visuais poden entenderse como obxectos culturais a analizar en base aos datos que conteñen, pero tamén a través da materialidade do seu soporte físico, e tamén pola relación que os axentes de campo gardan con eles. As fotografías ofrecen información, tanto na súa compoñente connotativa, trazable a través dos elementos plásticos observables, como na súa compoñente denotativa, por medio das conexións con todo o que envolve a imaxe ainda sen estar físicamente presente nela, abríndonos as portas ás formas de ver e percibir dos axentes, os seus modos de relacionarse co espazo, etc. Unha análise detallada dunha fotografía pode facer aflorar moita información que probablemente ningunha fonte escrita da época conteña, xa que os escasos testemuños que gardamos da época chéganos en formato de crónica periodística, a cal – pola súa natureza breve– contén descripcións esquemáticas que eliminan o cotián por evidente e por irrelevante na mirada dos contemporáneos. O cotiá e o irrelevante para un cronista da época quedan, non obstante, retidos na fotografía dada a súa calidade isomórfica, xa que no momento da súa produción non se rexitra tan só aquello que se quere representar, senon todos os elementos en plano aos que alcanza a luz durante o momento de exposición (Piette, 1993). A fotoelicitación é un excelente método para acceder a esa información tanto connotativa como denotativa e contextual sobre os documentos visuais, así como aos significados que estos teñen para os informantes, pois segundo John Collier, só a través da entrevista o investigador ten acceso á información contida nunha fotografía (Rose, 2012).

3) Como modo de presentación dos resultados de investigación

Os antropólogos visuais en moitas ocasións alegan que certos elementos da experiencia humana refléxanse mellor por medio do visual, e incluso –ainda que isto é moi matizable– que «lo visual trae la experiencia del trabajo de campo directamente al contexto de la representación» (Pink, 2006:16). Harper destaca incluso a capacidade das imaxes para evocar «elementos de la consciencia humana más profundos que las palabras» (Harper, 2002:13), de modo que estas transmitirían un tipo de información diferente á que aporta a palabra (tanto na súa versión textual como oral), información que apelaría a sentidos distintos. Máis ainda, o visual en tanto «sistema de representación capaz de describir y elaborar sentidos transmisibles, que pueden ser decodificados por otras personas que manejen los mismos códigos» (Ramirez Corzo, 2007:107) conforma un tipo de linguaxe en sí mesmo co que interpretar e comprender o mundo. A linguaxe visual e a verbal son, polo tanto, dous sistemas de comunicación diferentes –cada un deles coas súas estruturas formais, normas e posibilidades comunicativas– que apelan a distintas áreas da percepción humana e establecen un tipo de comunicación particular co lector / observador. Ambas linguaxes poden funcionar dun modo autónomo, pero tamén dun modo complementario. Cando ambas linguaxes se combinan, históricamente a imaxe foi relegada a un papel subalterno, empregándose coma ilustración ou exemplificación do texto, ou sendo este o que serviu para aclara o que as imaxes “non podían” transmitir por sí solas. Non obstante a combinación da linguaxe escrita e visual pode abordarse tamén dende a complementariedade, abolindo as xerarquías e contextualizándose mutuamente (Pink, 2001), pois o texto afecta á forma que temos de mirar a imaxe que o acompaña, do mesmo modo que a imaxe varía a nosa forma de entender o texto (González Granados, 2011).

No caso desta páxina web, ao empregar xunto ás imáxenes estáticas documentos audiovisuais que recollen relatos memorialísticos, o visual e o discursivo fican inexorablemente unidos. A partir de aquí os textos do investigador tratarán tan só de contextualizar os documentos elaborados na colaboración entre este e os informantes. Deste modo texto e imaxe combínanse de modo que cada un deles poida ser lido nos seus propios termos. Por un lado as fotografías e os vídeos teñen a potencialidade de captar a textura dos lugares mellor que outros medios, xa que conteñen moita información imposible de transmitir mediante unha descripción textual, por iso moitos xeógrafos empréganos para captar as calidades elusivas que definen o sentido de lugar (Rose, 2012). Deste modo os documentos visuais e audiovisuais serán unha xanela de acceso a iso que os lugares de memoria teñen de inenarrable e indescriptible, a esa información non traducible en termos textuais, e que é fundamental para esta investigación. Outros documentos audiovisuais ademáis de recoller este tipo de datos visuais, aportan un relato memorialístico narrado en primeira persoa por un informante, misturando nun mesmo documento a información visual e verbal.


Harper, D. (2002). Talking about pictures: a case for photo elicitation. En Visual Studies, vol. 7, nº1, pp.13-26.

González Granados, P. (2011). La fotografía participativa como medio de investigación y análisis social. En Quaderns-e, nº16 (1-2), pp. 147-158.

Piette, A. (1993). Epistemology and Practical Applications of Anthropological Photography. Visual Anthropology, vol.6, pp. 157-170.

Pink, S. (2001). Visual Ethnography. Images, Media and Representation in Research. Londres: Sage.

Pink, S. (2006). The future of the Visual Anthropology. London: Routledge.

Ramírez Corzo, D. (2007). La memoria de la ciudad en TAFOS: Antropología visual cuando el otro tiene la cámara. En Antopologica, año XXV, nº25, pp.103-129.

Rose, G. (2012). Visual methodologies: An Introduction to researching with visual materials. London: Sage.