Identidades colectivas e procesos de identificación

As memorias espacializadas xeran puntos de referencia ineludibles para as comunidades de memoria, sendo os lugares pezas importantes na elaboración dos seus relatos memorialísticos e, polo tanto, na súa autopercepción coma grupo. Así os lugares de memoria e itinerarios, producidos dende marcos de memoria compartida, xogan un papel central na construción das identidades locais (Pink, 2008) e indicen no modo en que as persoas precíbense a sí mesmas e ao lugar no que residen.

Con todo, o concepto de identidade colectiva é escurridizo. Por un lado trátase dunha imaxe elaborada polo grupo acerca de sí mesmo a través da cal toma consciencia da súa unidade e especificidade (Baer, 2011), polo outro trátase dun construto discursivo que conecta a experiencia da comunidade co seu pasado, axudando a pensar o presente. Con identidade colectiva ímonos referir a estes construtos discursivos e imaxes autorreferenciais elaboradas polas comunidades de memoria.

Algúns autores, non obstante, suliñan o carácter procesual das identidades xa que son elaboradas ao longo do tempo sen atopar un momento de clausura, polo que prefiren empregar o termo de identificación (Díaz de Rada, 2019). Segundo estes autores, no mundo contemporáneo a identidade social é construida mediante unha bricolaxe constante a partir de materiais dispersos (Iniesta, 2009). Ainda que esta definición opera tanto a nivel individual como colectivo, imos empregar o termo proceso de identificación para referirnos ao proceso mediante o cal os individuos forxan as súas identidades e entran en contacto con certas identidades colectivas. Esta distinción entre identidades colectivas e procesos de identificación (individuais) é especialmente pertinente nun proxecto que busca elaborar unha representación colectiva, unha cartografía da memoria, a partir da mirada de actores e axentes previsiblemente atomizados e dispersos.


Baer, A. (2011). La memoria social. Breve guía para perplejos. En J. A. Zamora y A. Sucasas (Ed.), Memoria-Política-Justicia: En diálogo con Reyes Mate, pp. 131-148. Madrid: Trotta.

Díaz de Rada, A. (2019). Discursos del ethnos.Una etnografía incompleta sobre procesos étnicos y etnopolíticos en Ártico Europeo.

Iniesta, M. (2009). Patrimonio, ágora, ciudadanía. Lugares para negociar memorias productivas. En Ricard Vinyes (Ed.) El Estado y la memoria. Barcelona: RBA.

Pink, S. (2008). Mobilising Visual Ethnography: Making Routes, Making Place and Making Images. En Forum: Qualitative Social Research, Volume 9, No. 3, Art. 36.