Pierre Nora postulou a dependencia dos lugares de memoria respecto dos marcos interpretativos compartidos socialmente, pero estes marcos non son estables, senón que varían, erosiónanse e incluso desaparecen ao longo do tempo, proceso a través do cal estes lugares tenden a perder poder evocativo.
Con lugares á deriva ímonos referir a aqueles lugares que nalgún momento estiveron comprendidos no marco de referencia dalgún grupo máis ou menos amplo, pero cuxa memoria foi desanclada, ben pola desaparición de da comunidade de memoria que o sustentaba, ou ben por unha interrupción no proceso de reprodución desa memoria espacializada, pero do que non obstante todavía persiste algúnha liña de continuidade, xa sexa a través dalgún axente memorialista vivo, un relato familiar, ou certos elementos materiais ou documentais.