Lugares de memoria

As memorias colectivas tenden a espacializarse, o cal levou ao historiador Pierre Nora a propoñer o concepto de lugar de memoria, para referirse a aqueles lugares que condensan memorias compartidas e que producen a anclaxe destas a un espazo concreto. Son, polo tanto, unha manifestación topográfica dun relato político, pois toda memoria na súa relación co espazo público proxecta unha determinada interpretación histórica indefectiblemente ligada a un presente político, sobre o que opera unha labor de selección e elaboración discursiva.

Non obstante, os lugares de memoria nunca son estables e definitivos pois, ao xerarse a través da disputa entre relatos memorialísticos periféricos e as historias oficializadas, requiren dunha continua actualización nun contexto de disputa de significados. O seu carácter «polifónico, controvertido, híbrido, mutante y transformador» (Ferrandiz, 2011) débese a esta proxección sobre o espazo público de relatos histórico-políticos contrastantes, o cal pode xerar ademáis –dende unha perspectiva fenomenolóxica e dependendo do punto de vista do usuarios (Pink, 2008)– a coexistencia, tensión, e incluso supersposición de diferentes lugares de memoria sobre un mesmo espazo. Tamén pode provocar o seu desuso e esquecemento, condeando a estos espazos a quedar “á deriva” ou reducir o seu ámbito de influencia e a súa referencialidade no espazo público, permanecendo tan só na memoria de certas comunidades, ou incluso individuos illados.

Os lugares de memoria non se xeran tanto en relación a un espazo material ou unha proxección simbólica sobre ese espazo material, como á produción dun espazo social que contextualice e sitúe o lugar nunha corrente de pensamento colectivo (Baer, 2011).