
Xoves 10 de xullo celebramos, como cada ano, o Día das Mapoulas Libertarias. Unha data para reivindicar as nosas veciñas que foron acubillo e refuxio fronte a barbarie fascista.
Facémolo, coma sempre, apelando á nosa memoria viva como barrio das Atochas e Monte Alto, desde a resistencia e a dignidade, mais tamén desde a alegría e a comunidade.
Nesta ocasión propoñemos un roteiro en torno á memoria das loitas pola vivenda e da música popular e tradicional, para rematar logo na Praza da Corales a celebrar xuntas.
🕖 19:00 | Roteiro – cantareiro (saímos desde o Club do Mar)
🕗 20:00 | Reinauguración da Praza da Corales (confluencia das rúas da Atocha Alta e Baixa)
🕘 21:00 | Foliada Popular no Patachim
