Memorias colectivas

A memoria colectiva é a interpretación particular que un grupo ten sobre un suceo ou contexto histórico e social determinado (García, 2014). O termo foi acuñado por Maurice Halbwachs a finais do século XIX para contrarrestas a concepción individualista e inmutable da memoria que ata entón era dominante. O fundamental da perspectiva de Halbwachs é que enmarca a memoria nun horizonte de interpretación social que a posibilita e determina, situando o recordo na esfera comunicativa. Esta perspectiva construtivista e presentista concibe dun modo dinámico a nosa relación co pasado, entendendo a memoria como un discurso que se actualiza continuamente dende o presente por medio de dispositivos de selección, interpretación e descripción que toman como materia prima unha serie de documentos, memorias privadas e recordos compartidos (Baer, 2011; Iniesta, 2009).

As memorias colectivas son múltiples e diversas –en contraposición aos discursos históricos, que evocan consencualismo e aspiran a ser hexemónicos– e dependen sempre de comunidades de memoria que as elaboren, actualicen e reivindiquen, así como dos mecanismos que desenvolvan e das canles que se empreguen para a súa reprodución.


Baer, A. (2011). La memoria social. Breve guía para perplejos. En J. A. Zamora y A. Sucasas (Ed.), Memoria-Política-Justicia: En diálogo con Reyes Mate, pp. 131-148. Madrid: Trotta.

García, M. (2014). La gestión social de las memorias históricas. En Revista de Instituto de Altos Estudios Europeos, nº3.

Iniesta, M. (2009). Patrimonio, ágora, ciudadanía. Lugares para negociar memorias productivas. En Ricard Vinyes (Ed.) El Estado y la memoria. Barcelona: RBA.