Memorias familiares

Chamamos memorias familiares a aquelas que se reproducen a traves das relacións de parentesco. Xeralmente circunscríbense ao espazo privado do fogar, ainda que en ocasións o trascenden para operar na esfera pública.

En contextos determinados, como os dunha sociedade sometida a un réxime autoritario, as memorias familiares teñen a capacidade de reproducir –a través da súa canle de transmisión privada– relatos, recordos e descripcións de acontecementos que foron eliminados dos espazos e discursos públicos. Deste modo as memorias familiares poden chegar a operar como refuxio de certas memorias que nalgún momento estiveron presentes na esfera pública, pero que unha vez eliminadas sostéñense no ámbito privado e conteñen a potencvia de volver a irrumpir no espazo público. Pese a isto, en moitas ocasións a pedagoxía do sangue e a inversión en terror (Ferrándiz, 2011) implementada por estes réximes totalitarios colapsa estes circuitos de reprodución da memoria e fai imperar o silencio sobre os recordos e relatos familiares que puideran desatar unha acción represiva sobre os membros da familia en caso de trascender o espazo privado, ou que se conectan con acontecementos traumáticos vividos pola familia.


Ferrándiz, F. (2011). Autopsia social de un subtierro. En Isegoría, nº45, pp. 525-544 (julio-diciembre)