O proxecto

Refuxios da Memoria é un proxecto de investigación sobre as memorias colectivas acerca do movemento libertario coruñés e a forma en que estas se espacializan no barrio das Atochas – Monte Alto

Dende a instauración, en xullo de 1936, do rexime totalitario franquista, as memorias das comunidades políticas disidentes foron eliminadas do espazo público, e os seus portadores perseguidos. Toda actividade reivindicativa na rúa foi prohibida e duramente sancionada; os locais sindicais, culturais e de encontro do movemento obreiro foron expropiados; e todo resquicio material foi purgado, mediante a queima de bibliotecas enteiras e a eliminación de toda clase de documentación. O Réxime tentou non só eliminar o movemento obreiro do espazo público, senon tamén exercer unha verdadeira damnatio memoriae sobre todo vestixio material daquela memoria. Pola súa banda as persoas portadoras desas memorias foron tamén perseguidas polo novo poder instaurado e, en moitos casos, duramente represaliadas: executadas, encarceradas, exiliadas ou símplemente sometidas ao que Francisco Ferrándiz (2011) denominou a pedagoxía do sangue. O resultado desta persecución foi a perda física de moitas destas persoas portadoras de memoria; o silencio de moitas outras como estratexia de conservación da vida, producindo unha interrupción nos mecanismos de reprodución destas memorias; así como a reclusión ao espazo íntimo –xeralmente do fogar familiar– dalgunhas outras destas memorias, dende onde en ocasións lograron reproducirse durante décadas. Deste modo as memorias colectivas disidentes ficaron atomizadas, e as que perduraron ata hoxe fixérono recluidas en espazos íntimos convertidos en verdadeiros refuxios da memoria.

Con todo, a furia exterminadora (Ferrandiz, 2011) exercida polo franquismo non logrou eliminar todos os fragmentos materiais que compoñían estas memorias, nin tampouco colapsar por completo os mecanismos de reproducción das mesmas. Este proxecto de investigación céntrase nunha parte destas memorias, a do movemento obreiro libertario, e aborda a súa dimensión espacial.

Trátase dun proxecto de antropoloxía audiovisual cuxo obxectivo principal é a elaboración dunha cartografía das memorias libertarias do barrio das Atochas – Monte Alto que ofreza unha imaxe de conxunto a partir de relatos fragmentarios. Para esta fin produciremos unha serie de documentos audiovisuais que recollan testimonios orais e rexistren prácticas espaciais dos axentes memorialistas en relación a unha serie de lugares de memoria libertaria do barrio –así como acerca das rutas e itinerarios que os conectan– e inscribiremos estes relatos nun contexto espacio-temporal determinado, co apoio noutras fontes orais, documentais e hemerográficas. Na produción destes documentos audiovisuais empregaremos algunhas técnicas provintes da etnografía móbil, ademáis das propias da antropoloxía visual, e a imaxe xogará un papel central na presentación dos resultados de investigación.

Os documentos producidos no marco desta investigación servirán para estudar o modo en que as memorias do movemento libertario se espacializan no barrio, as narrativas que conectan os diferentes lugares de memoria entre sí, así como os mecanismos de reprodución destas memorias a través do espazo urbano. Pero estes documentos serán tamén publicados en aberto nesta plataforma web, de modo que poidan ser consultados por calquera usuario, e empregados por outros investigadores. Por iso traballamos con licencias Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International (CC BY-NC-SA 4.0), que permiten a calquera usuario compartir libremente por calqueira medio e formato estes documentos, así como remezclalos e transformalos para calqueira uso non comercial.

Nesta web atoparás un Mapa que, partindo daquelas memorias atomizada e poñéndoas en común –mediante a interseccións de miradas, o cruce de relatos e a superposición de capas de información– propón unha cartografía da memoria libertaria de Atochas-Monte Alto, así como da acceso aos documentos audiovisuais vinculados a cada lugar de memoria. Na sección Lugares de memoria, atoparás información acerca dos iconos do mapa que identifican as subcategorías nas que temos clasificado os lugares de memoria. Pola súa banda, na sección Desprazamentos atoparás unha serie de rutas e itinerarios que a través de diversas narrativas conectan algúns dos lugares de memoria do barrio, así como outros que desbordan o espazo físico do mesmo e conforman o que demos en chamar ramificacións. Na sección Doa Memoria calquera usuario poderá compartir información ou documentación acerca do movemento obreiro libertario coruñés. No Repositorio iránse subindo artigos analíticos acerca dalgúns dos temas de interese desta investigación, así coma outros que poidan ser realizados por investigadores alleos a este proxecto, pero que empregen os documentos producidos no marco desta intestigación. Por último, na sección de Ligazóns, disporemos unha serie de enlaces a outros proxectos e colectivos que traballan sobre as memorias do movemento libertario, así como a institucións que conservan documentación ao respecto.

Esta web é obra do investigador Daniel Palleiro, o deseñador gráfico Diego Jiménez e o videógrafo Javier Quiroga. Todos os documentos audiovisuais foron producidos en colaboración cos informantes Chema Palacios, Dolores Ares, Laura Torres, Rafa Toba, Pepe Galán, Finita, Fernando Souto e José del Río.


GLOSARIO (Preme na ligazón para obter máis información)

Canles e mecanismos de reprodución da memoria

Comunidades de memoria

Esquecementos impostos

Identidades colectivas e procesos de identificación

Imaxinarios urbanos

Lugares de memoria

Marcas urbanas

Marcos interpretativos

Memorias atomizadas

Memorias de resistencia

Memorias colectivas

Memorias familiares

Memorias impostas

Ramificacións

Refuxios da memoria

Relatos históricos oficializados

Relatos memorialísticos

Relatos memorialísticos periféricos

Rituais

Rutas e Itinerarios

Silencio


BIBLIOGRAFÍA (Antropoloxía, Memoria e Imaxe)

Amin, A. & Thrift, N. (2002). Cities: Reimagining the urban. Hoboken: Wiley.

Arias, D. (2011). El co-relato de la imagen fotográfica: la arqueología visual como metodología en la exploración de la memoria etnohistórica. Quaderns-e, No.16 (1-2). pp. 173-188.

Baer, A. (2011). La memoria social. Breve guía para perplejos. En J. A. Zamora y A. Sucasas (Ed.), Memoria-Política-Justicia: En diálogo con Reyes Mate, pp. 131-148. Madrid: Trotta.

Baer, A. & Sánchez, F. (2004). La metodología biográfica audiovisual: El proyecto «Survivors of the Shoah». En EMPIRIA, Revista de Metogología de Ciencias Sociales, nº7, pp.35-55.

Benjamín, W. (1989). Tesis de filosofía de la historia. En Discursos Interrumpidos I, pp.175-192. Madrid: Taurus.

Clifford, J. (1986). Introduction: Partial Truths. En James Clifford y George E. Marcus (Eds) Writing Culture. The Poetics and Politics of Ethnography, pp. 1-26. Berkeley: University of California.

Devillard, M.J., Franzé, A. & Pazos, A. (2012). Apuntes metodológicos sobre la conversación en el trabajo etnográfico. En Política y Sociedad, vol.49, nº2, pp.353-369.

De Certeau, M. (2008). Andar en la ciudad. En Bifurcaciones, nº7.

Díaz de Rada, A. (2011). El Taller del etnógrafo. Materiales y herramientas de investigación etnográfica. Madrid: UNED.

Díaz de Rada, A. (2019). Discursos del ethnos.Una etnografía incompleta sobre procesos étnicos y etnopolíticos en Ártico Europeo.

Díaz de Rada, A. & Velasco, H. (2009). La lógica de la investigación etnográfica. Madrid: Trotta.

Dilley, R.M. (2002). The problem of context in social and cultural anthropology. En Language & Communication, 22, pp.437-456.

Domínguez, D. (2012). Escenarios híbridos, narrativas transmedia, etnografía expandida. En Revista de Antropología Social, 21, pp.197-215.

Estalella, A. (2014). La apertura del archivo etnográfico. En Anales del Museo Nacional de Antropología, XVI, pp.10-27.

Ferrándiz, F. (2011). Autopsia social de un subtierro. En Isegoría, nº45, pp. 525-544 (julio-diciembre)

Ferrándiz, F. (2011b). Lugares de memoria. En R. Escudero (coord.) Diccionario de la memoria histórica, pp. 27-32. Madrid: Catarata.

García, M. (2014). La gestión social de las memorias históricas. En Revista de Instituto de Altos Estudios Europeos, nº3.

Geertz, C. (2006). La interpretación de las culturas. Barcelona: Gedisa.

Ghisloti, V. & Torres Oliveira, H. (2018). Walking Walking ethnography and interviews in the analysis of aesthetic experiences in the Cerrado. En Educ. Pesqui., vol. 44.

González Granados, P. (2011). La fotografía participativa como medio de investigación y análisis social. En Quaderns-e, nº16 (1-2), pp. 147-158.

Guber, R. (2001). La etnografía: Método, campo y reflexividad. Buenos Aires: Grupo Editorial Norma.

Harper, D. (2002). Talking about pictures: a case for photo elicitation. En Visual Studies, vol. 7, nº1, pp.13-26.

Henley, P. (2006). Narratives: the Guilty Secret of Ethnographic Film-Making? En Postma & Crawford (Ed.) Reflecting Visual Ethnography. Leiden: CNWS Publications.

Iniesta, M. (2009). Patrimonio, ágora, ciudadanía. Lugares para negociar memorias productivas. En Ricard Vinyes (Ed.) El Estado y la memoria. Barcelona: RBA.

Ingold, T. & Vergunst, J.L. (2008). Ways of Walking. New York: Routledge.

Kopytoff, I. (1991). La biografía cultural de las cosas: La mercantilización como proceso. En Appadurai (Ed.) La vida social de las cosas. México D.F.: Grijalbo.

Lindón, A. (2007). Los imaginarios urbanos y el constructivismo geográfico: los hologramas espaciales. En eure, vol. XXXIII, nº99, pp. 31-46. Santiago de Chile.

López García, J. (2015). Pequeñas cosas de un tiempo de espinas. En Larraz Elorriaga (Coord.) Estudios de literatura, cultura e historia contemporánea: en homenaje a Francisco Caudet. Madrid: UAM.

Luning, S. (2006). Representing Rituals: to do and to see ritual practices. En Postma & Crawford (Ed.) Reflecting Visual Ethnography. Leiden: CNWS Publications.

Martín-Cabrera, L. (????). Protocolo de Entrevitas del Archivo de la Guerra Civil y la Represión Franquista. Web de la University of California, San Diego.

Matthews, P. & Aston, J. (2012). Interactive Multimedia Ethnography: Archiving Workflow, Interface Aesthetics and Metadata. En Journal on Computing and Cultural Heritage, vol.5, nº4, pp.14:1-14:13.

Nora, P. (1984). Entre Memoria e Historia: La problemática de los lugares. En Les Lieux de Mémoire; 1: La République. Paris: Gallimard. pp.17-39 [Traducción de Femando Jumar para el Seminario de Historia Argentina, Univ. Nacional del Comahue]

Piette, A. (1993). Epistemology and Practical Applications of Anthropological Photography. Visual Anthropology, vol.6, pp. 157-170.

Pink, S. (2001). Visual Ethnography. Images, Media and Representation in Research. Londres: Sage.

Pink, S. (2006). The future of the Visual Anthropology. London: Routledge.

Pink, S. (2008). Mobilising Visual Ethnography: Making Routes, Making Place and Making Images. En Forum: Qualitative Social Research, Volume 9, No. 3, Art. 36.

Powell, K. (2010). Making Sense of Place: Mapping as a Multisensory Research Method. En Qualitative Inquiry, 16(7), pp.539-555.

Ramírez Corzo, D. (2007). La memoria de la ciudad en TAFOS: Antropología visual cuando el otro tiene la cámara. En Antopologica, año XXV, nº25, pp.103-129.

Rose, G. (2012). Visual methodologies: An Introduction to researching with visual materials. London: Sage.

Ruby, J. (2002). Antropología Visual. En Revista Chilena de Antropología Visual, nº2. pp. 154-167.

Ruby, J. (2009). ¿Son los medios interactivos una alternativa a los filmes etnográficos? En Revista Venezolana de Información, Tecnología y Conocimiento, pp.81-93.

Valín Fernández, A. (1984). La masonería y La Coruña. Vigo: Xerais.

VV.AA. (????). Shooting Documentary Interviews. Princeton University: VizE Lab

Wanono, N. (2006). From Spatial Analysis to Virtual Wonder. En Postma & Crawford (Ed.) Reflecting Visual Ethnography. Leiden: CNWS Publications.

Zamora, J.A. (2011). Memoria e historia después de Auschwitz. En Isegoría, nº45, pp.501-523.


BIBLIOGRAFÍA (Movemento Libertario)

Abad, X. (2013). A pegada dos avós. (Vídeo). A Coruña: EAF.

Bar, A. (1981). La CNT en los años rojos. Madrid: Akal.

Blanco, C. (2007). Casas anarquistas de mulleres libertarias. A Coruña – Compostela: CNT.

Blanco, C. e Rodríguez Fer, C. (2011). Vivas en nós: Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936. A Coruña: CRMHd’AC.

Brey, G. (1981). Los tres primeros Primero de Mayo en La Coruña. En Santiago Castillo y otros (coords.), Estudios de historia de España. Homenaje al profesor Manuel Tuñón de Lara. Madrid: Universidad Internacional Menéndez Pelayo, pp. 413-428.

Brey, G. (1982). El movimiento obrero en La Coruña entre 1881 y 1889. En Cuadernos de Estudios Gallegos, nºXXXIII, pp. 344-372.

Brey, G. (1989). Economie et mouvement syndical en Galice (1840-1911). [Tesis doctoral]

Brey, G. (1991). El movimiento obrero en Galicia hasta 1930. En R. Villares (Ed) Historia de Galicia, pp.877-892. Vigo: Faro de Vigo.

Brey, G. (2001). Republicanismo y movimiento obrero en A Coruña entre 1868 y 1936. En El republicanismo coruñés en la historia. A Coruña: Concello da Coruña.

Buenacasa, M. (1977). El movimiento obrero español, 1886-1926: historia y crítica. Madrid: Júcar.

Capelán, A. (1999). Contribucións a unha historia da Universidade Popular da Coruña. En Sarmiento, nº3, pp. 25-64.

Capelán, A. (2003). Da violencia que non condenan: O centenario da folga xeral de maio na Coruña. A Coruña: Ateneu Libertário Ricardo Mella.

Carré Aldao, E. (1922). Provincia de La Coruña. En Carreras y Candi (Ed.), Geografía General del Reino de Galicia, tomo II. Barcelona.

Durán, J. A. (2001). Republicanismo histórico coruñes 1868-1936. (Video). A Coruña: Concello da Coruña.

Fernández, E. (2007). Galicia no Diario CNT (1932-1934). A Coruña: CNT.

Fernández, E. (2019). Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego. Ferrol: Ateneu Virtual CNT Galiza.

Fernández, E. (Ed.). (2009). A fuxida do Portiño: Historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra.

Fernández, E. e Cuevas, L. (2016): Breve Historia da Coluna Sanfins. Santiago de Compostela: CNT Galiza.

Fernández, E. e Pereira, D. (2004). O anarquismo na Galiza: Apuntes para unha enciclopedia. Santiago de Compostela: Edicións Positivas.

Fernández, E. e Pereira, D. (2017). Nacionalismo e arquismo na Galiza. Encontros e desencontros entre liberación nacional, internacionalismo e revolución social (1840-1936). En J. Veramendi e outros (Ed.) Repensar Galicia: As Irmandades da Fala, pp.251-266.

Freán Hernández, O. (2001). Entre la conspiración y la ruptura: Republicanos y anarquistas en Galicia, 1930-1936. En Cuadernos Republicanos, nº45, pp. 17-35.

Freán Hernández, O. (2001b). Literatura popular e cultura obreira. As iniciativas editoriais libertarias na Galicia de entreséculos (1893-1918). En X. Balboa López y H. Pernas Oroza (Eds.). Entre nós. Estudos de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xose Manuel Pousa Antelo. Santiago de Compostela: UdC. pp. 627-640.

Freán Hernández, O. (2006). El movimiento libertario en Galicia, 1910-1936. Sada: Ediciós do Castro.

Freán Hernández, O. (2009). El anarquismo en la ciudad de A Coruña: un ensayo de contrasociedad. En Zainak, 31, pp.635-648.

Galán, P. (2018). Mulleres Muro (vídeo)

García Durán, J. (2001). Pola liberdade: A loita antifranquista de Luís Costa. Vigo: Edicións A Nosa Terra.

Giadas Álvarez, L. (1997). La vida política municipal en La Coruña entre 1900 y 1931. Sada: Ediciós do Castro.

Gil, J. (2007). O Resplandor das Atochas. (vídeo). A Coruña: Lúa Filmes.

Grandío, E. (2001). Vixiancia e represión na Galicia da Guerra Civil: O informe Brandariz (A Coruña, 1937). Sada: Ediciós do Castro.

Grandío, E. (coord.). (2018). Xeración Perdida, Coruña 36’. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña.

González López, E. (1987). Memorias de un estudiante liberal (1903-1931). Sada: Edicións do Castro.

González Probados, M. (2017). Conflictividade obreira e folguística na Coruña 1935-1936. En VV.AA. Apuntamentos históricos do movemento obreiro na Coruña. Santiago de Compostela: Fundación 10 de marzo.

Lamela García, L. (1998). Estampas de injusticia: La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Sada: Ediciós do Castro.

Lamela García, L. (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro.

Litvak, L. (2003). El cuento anarquista (1880-1911). Madrid: FEL Anselmo Lorenzo.

Marín, D. (2014). Anarquismo: Una introducción. Barcelona: Ariel.

Marvaud, A. (1975). La cuestión social en España. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

Moreno González, X. (1990). A Primeira Internacional en Galicia (1868-1874). En VV.AA. O Movemento Obreiro en Galicia: Catro ensaios. Vigo:Xerais.

Montseny, F. (1999). Impresiones de un viaje por Galicia. A Coruña: Ateneu Libertario Ricardo Mella.

Navarro, J. (2014). La calle rojinegra. Anarcosindicalismo, rituales de movilización y símbolos en el espacio público (1931-1936). En Pasado y memoria: Revista de historia contemporánea, nº pp. 141-172.

Neira, M. M. (????). Organización social-obrera de La Coruña. En La Paz Social, Tomo I, pp.281-283. Madrid.

Oia, V., Fernández, E. e Pereira, D. (2015). Escenarios de loita de clases e represión franquista na Galiza urbana. Os casos de Coruña, Ferrol e Vigo. Murguía: Revista galega de historia, nº31. pp.13-44.

Pereira, C. (1998). O que fixeron en Galicia 1936. Vigo: A Nosa Terra.

Pereira, C. (1999). Unha achega á historia da F.A.I. en Galicia: o grupo “Plantas Nuevas” de Betanzos. Anuario Brigantino, nº22. pp. 237-254.

Pereira, C. (2001). A cultura en Culleredo durante a Segunda República: O «Ateneo de la Villa de Rutis». A Coruña: Ateneu Libertario Ricardo Mella.

Pereira, C. e Romero, A. (2002). Germinal, Centro de Estudios Sociais. Betanzos: Briga Edicións.

Pereira, C. e Romero, A. (2010). Tres voces proletarias coruñesas. Nalgures, Tomo VI, pp. 145-292.

Pereira, D. (????). Galiza: Unha ollada libertária. En Terra e Tempo, 9/10. pp. 21-26.

Pereira, D. (1994). A CNT na Galiza, 1922-1936. Santiago de Compostela: Laiovento.

Pereira, D. (1998). Sindicalistas e Rebeldes. Vigo: A Nosa Terra.

Pereira, D. (2004). O asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto. A Coruña: Ateneu Libertario Ricardo Mella.

Pereira, D. (2007). La FAI en Galicia. En Germinal, nº3, pp. 97-121.

Pereira, D. (2017). A centralidade do anarcosindicalismo coruñés. En VV.AA. Apuntamentos históricos do movemento obreiro na Coruña. Santiago de Compostela: Fundación 10 de marzo.

Pereira, D. (Ed.). (1992). Os conquistadores modernos. Movemento obreiro na Galicia de anteguerra. Vigo: A Nosa Terra.

Pereira, D. e Fernández, E. (2006). O movemento libertario en Galiza (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra.

Pereira, D. e Fernández, E. (2006b). Unha achega á represión franquista contra as mulleres libertarias na Galiza. Unión Libre, nº 11.

Pérez Ledesma, M. (1997). La formación de la clase obrera. Una creación cultural. En M. Pérez Ledesma y R. Cruz, Cultura y movilización en la España contemporánea, pp. 201-233. Madrid: Alianza Universidad.

Rodríguez Pérez, J. (2004). Protagonista de una generación. Sada: Ediciós do Castro.

Rodríguez, M. (2009). Memorias rotas. (vídeo). A Coruña: Xamalú Filmes.

Sangro Ros y Olano, P. (1908) El problema social y obrero en La Coruña. En Revista Social Hispano-Americana, vol.VII, Barcelona, pp. 521-534.

Sangro Ros y Olano, P. (1914) Un cantón sindicalista. En Revista Social Hispano-Americana, nº172, Barcelona, pp. 905-916.

Santiago García, S. (1989). O silencio redimido. Vigo: Galaxia.

Sendón, C.J. (1934). La Novela Ideal, nº401: Amor que se afirma. Barcelona: Publicaciones la Revista Blanca.

Sendón, P. (2014). Falando claro: A historia do anarquista Claro José Sendón Lamela”. Santiago de Compostela: Alvarellos.

Souto, X. (2003). Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo. (vídeo) A Coruña: Voz Audiovisual.

VV.AA. (2007). O resplandor das Atochas. A Coruña: CRMHd’AC.

VV.AA. (2008). Gaceta d’O Portiño. A Coruña: CRMHd’AC.