Ramificacións

A memoria do barrio trascende e desborda os límites físicos do barrio. Os obreiros e militantes libertarios que residían nas Atochas – Monte Alto, traballaban e levaban a cabo parte da súa vida cultural e militante noutros espazos da cidade. Por outra banda, a importancia da península da Torre no resto da cidade, ao albergar tanto o cárcere provincial, como os principais cuarteis militares, así como o cemiterio municipal, fai que o barrio sea a sede de elementos de memoria material relacionados a unha memoria máis global do movemento libertario da cidade.

Un barrio non é unha mónada, e incluso as súas fronteiras sociais son difusas. Por iso acuñamos o termo de “ramificacións” para referirnos a eses outros espazos da cidade que atravesan ou son atravesados pola memoria do movemento libertario das Atochas – Monte Alto.