Relatos memorialísticos

Os relatos memorialísticos son construtos narrativos resultantes da aplicación dun marco interpretativo a uns acontecementos históricos determinados. Estes relatos son elaborados a través da aplicación dunha serie de recursos narrativos que ganduxan e dotan de estrutura lóxica e significado á serie de fragmentos que construen unha memoria colectiva: recordos persoais, documentos visuais, documentos escritos, monumentos, etc.

Os relatos memorialísticos teñen unha forma aberta e un carácter acumulativo, pois non se articulan dunha vez por todas, senon que ao longo do tempo varían, incluindo e excluindo elementos. Son instrumentos fundamentais para a reprodución das memorias colectivas, pero neste proceso de reprodución van variado, pois son actualizados xeracionalmente, e cada individuo memorialista recíbeo e reprodúceo dun modo diferente.