Xosé María (Chema) Palacios é o neto de Alejandro Basilio Palacios e María Seijas Sánchez. Chema é fillo de José (Pepe), o menor dos irmáns Palacios Seijas.
Alejandro Basilio Palacios (1896-1937) foi un destacado militante da Federación Local Obrera da Coruña. Afiliado á CNT dende 1921, nos anos 30 pasou a desempeñar importantes funcións dentro do Sindicato de Panadeiros, primeiro como secretario (1930) e logo como vicepresidente (1932) e contador (1935). Alén da súa actividade sindical, Alejandro participou tamén nas iniciativas culturais do obreirismo herculino, sendo vocal do Centro de Estudos Sociais Germinal e administrador do xornal anarcosindicalistas Solidaridad Obrera.
Alejandro comezou a traballar en 1916 na panadería que a familia Canalejo tiña na rúa do Socorro, onde permanecería ata uns meses antes da sublevación militar de 1936, en que pasaría a traballar á panadería que Mariano de Paz Macho tiña na rúa dos Olmos. Os Canalejo serían posteriormente unha familia moi vinculada ao Réxime, pois uns dos fillos, Juan, fora o fundador da Falange na Coruña. Nesta panadería coñeceu a María Seijas, que traballaba como doncella na casa dos Canalejo. En 1919 Alejandro e María contraeron matrimonio e nos anos posteriores terían seis fillos.
O Sindicato de Panadeiros, no que Alejandro desempeñou importantes responsabilidades dende os anos 30, xogou un papel fundamental en relación ao movemento obreiro coruñés. Nos períodos de folga xeral prolongada, como foi a da construción que paralizou a actividade económica na cidade durante varios meses entre os anos 1933 e 1934, o sindicato adicouse a dar sustento aos traballadores en loita, por medio da produción cooperativa de pan para os obreiros e as súas familias. Este tipo de prácticas de apoio mutuo manteríanse tra-la caida da Coruña baixo control das autoridades fascistas, creando nas panaderías caixas de resistencia coas que sustentar aos compeñeiros agochados, tal como se pode apreciar na declaración que Alejandro Palacios e Manuel Bergantiños farían tra-la súa detención en xullo de 1937. Na rúa da Torre situouse unha destas panaderías:
Tra-la sublevación militar de xullo de 1936 Alejandro decidiu non agocharse das novas autoridades fascistas, pois segundo recorda o seu neto Chema:
«Meu avó intuía algo, pero pensaba que non lles ían facer nada, porque… che vou contar un detaie, cando él pasa da Panadería Canalejo e vai á de Mariano de Paz, Pepita Canalejo lle dí: “Mire Palacios, si usted es anarcosindicalista, tal como están estos actuando [porque eran os primeiros días] es posible que le hagan algo“. Se refería aos militares, porque claro, ela tiña dous ou tres irmáns militares, e dixo “Quédese aquí, que en nuestra casa no le va a pasar nada” ¡Máis avisado non puido estar! E lle dixo o meu avó: “Mire Pepita, yo no he hecho nada para que me detengan. Yo estoy en un sindicato, tengo unas ideas, punto. Yo no ando por ahí pegando tiros“. Estaba convencidísimo, non creo que fora un acto de valentía. Os sindicatos estaban aprobados na República ¿Que dano fixo él? Porque él non tiña pistola»
Dende o ano 1928 a familia Palacios Seijas tivera casa con fonda. Nela ospedaron a varios militantes libertarios, algúns deles enviados á Coruña polo Socorro Vermello Internacional, tras seren expulsados dos seus paises de orixe, xeralmente latinoamericanos. Tal foi o caso de Antonio Fournerakis, que pasaría dez meses aloxado na pensión familiar na Fonte de San Andrés, coindicindo coa folga do ramo da construción de 1934, para a cal unha agrupación de anarquistas americanos mandaba roupa á pensión que logo Fournerakis repartía entre as familias dos obreiros en loita. Para o ano 1937 a fonda estaba situada no número 30 de Santa Catalina, piso 4º.
O 10 de xullo de 1937, tra-lo asalto ás casas-refuxio das Atochas –no que morrerían Fournerakis e outros sete militantes libertarios– Consuelo Meitín, a esposa de José Torres Regueira, pidelle á familia Palacios Seijas que acolla ao seu marido na fonda familiar, pois ao atoparse agochado nun lugar moi preto ao sitio dos asaltos, teme que Torres sexa detido. Alejandro e Consuelo acceden a acoller ao seu compeñeiro.
Os interrogatorios aos detidos nas redadas das Atochas – recollidos na Causa 992/37: Atestado do Capitán da 3ª Compañía de Comandancia, do 19/07/1937– acaban por conducir ás autoridades cara a fonda dos Palacios Seijas, e o 15 de xullo as autoridades irrumpen na vivenda e arrestan tanto a José como a Alejandro, que son conducidos ao cuartel da Garda Civil.
Esa mesma noite as autoridades preséntanse de novo na pensión dos Torres Seijas en busca dunha pistola. Chema Palacios recolleu no ano 2007 o testemuño do seu tío, Alejandro Palacios Seijas, o cal vivira este episodio en primeira persoa:
«Por la noche la policía se presentó en casa buscando una pistola (arma que mi madre encontró en los bolsillos de la chaqueta de Torres, y mandó a mis hermanos Alicia (12 años) y José (10 años) que la tirasen al mar, en los muelles detrás de la “Terraza” después de que los llevaran detenidos, y esa noche nos llevaron a mi madre y a mi por el “rellenado” a buscar la pistola y que fuera a bucearla amenazándome con tirarme; no se si apareció, luego nos llevaron al cuartel de la Guardia Civil en la calle Francisco Mariño, y a mi me mandaron para casa por la mañana, mi madre se quedó allí. Se enteraron de la pistola porque a Torres le encontraron la cartuchera en su cuerpo, debajo de la ropa que llevaba. Vi a mi padre por última vez, cuando me llevaron al cuartel con mi madre, por la rejilla de un calabozo y me enseñó su pecho, le habían atizado y duro»
Tras isto, Pepita Canalejo presentouse no cuartel da Garda Civil, onde preguntou por Alejandro e María. A Guardia Civil deixou marchar a María e comunicoulle que Alejandro fora conducido ao cárcere provincial. Cando Pepita achegouse á prisión provincial, e ao preguntar ao director por Alejando, este respondeulle «aquí no llegó, se lo comieron».
O 18 de xullo de 1937 apareceu o cadaver de Alejandro na canteira do Matadoiro. En palabras do seu fillo: «Según decía mi madre que los que pasearon a su marido, fueron el cura Barrero, el cabo de la brigadilla Piñeiro, y un falangista». Na comunicación oficial que ese mesmo día fixo a Garda Civil ao Exército podíase ler:
«A las dos de la madrugada de hoy, después de prestar declaración en esta casa-cuartel, era conducido a la cárcel el anarcosindicalista ALEJANDRO BASILIO PALACIOS (…) al pasar por las proximidades del Matadero con dirección a la Prisión se quiso aprovechar de la disminución de velocidad del vehículo en que era transportado en el momento de tomar este una curva cerrada, saltó de él a la carretera tratando de ganar las peñas donde poder ocultarse, dada la obscuridad reinante. Perseguido por los guardias Pedro Pellicer y Vicente Peralta, que lo conducían y después de repetidas voces de alto, hicieron varios disparos sobre él, dos de los cuales le alcanzaron originándole la muerte en una cantera próxima a la carretera»
Este suceso repetírase ata en cinco ocasións só no marco destes interrogatorios, pois tal e como o Capitán da 3ª Compañía de Comandancia declarara no peche do seu atestado ao día seguinte:
«Los también detenidos JOSE GONZALEZ N., ALEJANDRO DELGADO FERNANDEZ, ANTONIO VARELA MIGUELEZ, JOSE TORRES REGUEIRA y ALEJANDRO BASILIO PALACIOS, por haberse dado a la fuga cuando eran conducidos a la prisión, según se dio cuenta oportunamente, fueron muertos a consecuencia de los disparos que sobre ellos hizo la fuerza que los conducía y persiguió cuando la intentaron»
Posteriormente María Seijas foi sometida a un Consello de Guerra, polo que foi encadeada ata que o primeiro de maio de 1938 foi amnistiada xunto a outros “presos gubernativos” con motivo da festividade de fin de ano.