Os lugares non son compartimentos estancos, senón que son atravesados por unha enorme gama de movementos que, dacordo con Tim Ingold, teñén un papel importante na súa configuración (Ghisloti & Torres Oliveira, 2018). Entre eles existen conexións, e incluso algúns son imcomprensibles se non se enmarcan nesas narrativas que os conectan a outros lugares e a certos sucesos históricos e interpretacións dos mesmos. Por iso imos empregar as categorías de ruta e itinerario como mecanismos de vinculación entre os lugares de memoria para evitar comprendelos como cousa illada. Dacordo con Ingold as rutas xurden das prácticas, costumes, accións e eleccións de mobilidade que os actores realizan na súa vida cotiá en barrios e cidades (Ingold & Vergunst, 2008). Algunhas destas rutas son cristalizadas por medio de certas tecnoloxías –mapas, panfletos, documentais, roteiros, artículos periodísticos, reportaxes ou relatos de viaxes– que plasman narrativas concretas sobre estes desprazamentos e que propoñen, entre outras cousas, qué lugares son relevantes ou qué significados condensan eses emprazamentos (Pink, 2008).
Imos denominar rutas ás traxectorias propostas polos axentes de campo, que teñen que ver coas suas prácticas cotiás ou coa proxección particular das súas memorias sobre o espazo público. Con itinerarios ímonos referir ás traxectorias propostas no marco desta investigación, que son resultado do cruce de diferentes informacións de campo (tanto procedentes de fontes primarias como secundarias) con relación a certas categorías de análise. Tanto as rutas como os itinerarios producen e conectan lugares de memoria, pero uns o fan a nivel empírico, a partir das prácticas dos axentes, e outros a nivel analítico. Por outra banda, do mesmo modo que un lugar pode ter múltiples significados e constituir diferentes lugares de memoria segundo a comunidade de memoria que o observe, diferentes rutas e itinerarios poden cruzarse nun mesmo lugar, aportando perspectivas complementarias na produción dese lugar de memoria.
Ghisloti, V. & Torres Oliveira, H. (2018). Walking Walking ethnography and interviews in the analysis of aesthetic experiences in the Cerrado. En Educ. Pesqui., vol. 44.
Ingold, T. & Vergunst, J.L. (2008). Ways of Walking. New York: Routledge.
Pink, S. (2008). Mobilising Visual Ethnography: Making Routes, Making Place and Making Images. En Forum: Qualitative Social Research, Volume 9, No. 3, Art. 36.