Silencio

O silencio das vítimas da persecución política responden, en primeiro lugar, a unha estratexia de supervivencia no momento de maior intensidade represiva, en virtude da cal é necesario ocultar o pasado militante ou de relación con certos sectores políticos e sociais, co fin de evitar ser obxecto de actos represivos, e conservar a vida e a liberdade. Nun segundo momento, e como prolongación desta estratexia en tempos de estabilidade do Réxime represor, en moitas ocasións o silencio envolve tamén o espazo familiar, interrúmpíndose todas as canles de reprodución da memoria sobre o pasado político de membros da familia, para evitar a perda de control sobre información perigosa e a estigmatización das seguintes xeracións. Isto chega ao punto de obscurecer a figura dalgún familiar represaliado ou exiliado, sobre o que non se fala e ao que rodea un aura de misterio. Pero o carácter traumático desta experiencia e a imposibilidade de falar dela, produce o que en termos psicoanalíticos se denomina represión ou dislocación dos recordos (Zamora, 2011), no que tamén o intento de olvido desa experiencia é bloqueado. En tempos de democracia, unha vez recuperados os dereitos de liberdade política e de expresión, en moitas ocasións prolónganse o bloqueo daquel trauma e o silencio de moitos dos superviventes e testemuñas daqueles acontecementos históricos.


Zamora, J.A. (2011). Memoria e historia después de Auschwitz. En Isegoría, nº45, pp.501-523.