Vereda do Polvorín, 5 (Vivenda dos Torres Meitín)

José Torres Regueira

José Torres naceu no ano 1892 en Santa Marta de Babío (Bergondo, comarca da Coruña). José foi militar durante 12 anos, combatindo na guerra de Marrocos, onde foi condecorado cunha medalla ao valor. Á súa volta á Coruña comezou a traballar na compañía telefónica, e entrou en contacto cos núcleos anarcosindicalistas da cidade, pasando a integrar as filas da CNT e da FAI, así como a participar nalgunhas institucións culturais vinculadas ao obreirismo herculino, como a coral polifónica El Eco. A súa experiencia no exército familiarizouno co manexo de explosivos e tácticas de sabotaxe, coñecemento que puxo en práctica na súa actividade sindical, o cal precipitou o seu despedimento da compañía telefónica en outubro de 1931, tras ser detido nunha destas accións. A partir de entón pasou a traballar para a Federación Local Obrera da Coruña. Segundo os informes policiais o seu posto era de conserxe, ainda que probablemente se tratara dun subterfuxio que escondía unha labor sindical máis ampla, que comprendía actividades clandestinas as cales non podía ser explicitadas nos documentos oficiais: 

«Mi abuelo lo despidieron de Telefónica y después estuvo trabajando para el sindicato (…) ya sabes que ahora pagas una cuota al sindicato, antes cada familia ponía un tanto, lo que podía. Pues mi abuelo cobraba de ese tanto. Trabajaba para el sindicato. Lo que dicen que era celador, yo no sé a qué le llaman celador. No lo sé, porque él es el que… los levantamientos, que si había manifestación… él trabajaba para el sindicato» [Transcripción da conversa con Dolores Ares, neta de José Torres e Consuelo Meitín]

José traballou como único empregado da FLO ata xullo de 1936. Nestes anos volvería a ter encontronazos coas autoridades, sendo detido pola súa participación en accións directas (decembro de 1931 e outubro de 1934), así como nunha nova campaña de sabotaxes contra as liñas telefónicas da cidade en xaneiro de 1932. Por estas actividades foi deportado en máis dunha ocasión cara Arxentina e Francia, ainda que toda-las veces emprendeu a viaxe de retorno nada máis chegar ao destino.

Recorte de foto de José Torres coa polifónica El Eco na que luce a medalla / Audio de conversa con Laura Torres e Dolores Ares

Consuelo Meitín Rodríguez

Consuelo Meitín Rodríguez naceu en Viveiro (Lugo) no ano 1900. Ao chegar á Coruña integrouse nas Juventudes Libertariase formou parte do CES Germinal, onde aprendeu a ler e escribir.

A familia Torres Meitín

José quedou viuvo da súa primeira esposa, coa que tivera ao seu fillo Antonio Torres López no ano 1914. Antonio formou parte tamén das Juventudes Libertarias, e foi detido –coma o seu pai– durante a folga da Telefónica de 1931, en duas ocasións, unha delas por cortar a liña telefónica. En outubro de 1934 foi detido e condeado a 15 anos de cárcere ao ser descuberto cunha arma. Cumpliu parte da súa condena no penal de San Cristóbal de Pamplona e n febreiro de 1936 foi amnistiado e volveu á Coruña.

Despois de Antonio, a parella tivera outra filla, pero tra-la morte da súa esposa José e os seus fillos pasaron a vivir por Monelos e a rúa de San Roque. Uns anos despois José coñeceu a Consuelo Meitín, e xuntos estableceron un fogar no número 5 de Vereda do Polvorín, primeiro andar [Ainda que a dirección que figura nos informes policiais é “Vereda del Polvorín 5 al 7, buhardilla“, na listaxe de direccións dos socios do CES Germinal Consuelo figura no nº5, 1º, dato confirmado pola testemuña de Laura Torres]. Consuelo e José formaron unha familia e tiveron cinco fillos, entre eles Laura Torres Meitín. A parella nunca se casou, o cal fixo que no informe do interrogatorio ao que sería sometida Consuelo en xullo de 1937 sexa calificada como “amante” de José.

José Torres e Consuelo Meitín

Xullo de 1936

Durante o levantamento militar José e o seu fillo Antonio enfrontáronse ás forzas sublevadas. O primeiro protagonizou algúns enfrontamentos directos polas armas con falanxistas e militares na zona da estación de trens, mentres que Antonio adicouse a labores de boicot, como foi cortar a liña telefónica que conectaba a cidade co exterior, deixando á Coruña comunicativamente illada por uns días. Tra-la caida do goberno civil, e ante a imposibilidade de continuar coa batalla, o 22 de xullo José, Antonio e outros compañeiros asaltaron a un empresario en Monelos, a quen lle requisaron unha pistolae o coche, co cal dirixíronse a Ferrol. Alí pensaban atopar axuda, pero a vila estaba xa tomada polos militares. Á volta pasaron por Pontedeume, Miño e ao chegar a Sada, pai e fillo separáronse. José agochouse no monte, pola zona de San Pedro de Nós, e Antonio na vivenda da súa parella, Primitiva Lodeiro Otero, nas Xubias, onde tanto él coma o seu pai axudaron nas labores de evasión cara o frente de Asturias. José estaría posteriormente agochado pola zona de San Amaro, segundo a declaración que Consuelo Meitín faría tra-la morte de José. En marzo de 1937 José e Antonio foron reclamados polas autoridades pola súa suposta participación na fuga do monte de San Pedro.

Xullo de 1937

O 10 de xullo de 1937 as casas-refuxio das Atochas foron asaltadas pola Brigada de servizos especiais da Guardia Civil. A vivenda familiar, na que nese momento residían Consuelo e os seus fillos, era prácticamente contigua á casa-refuxio da rúa do Carme, 6. Polo que cando a Guardia Civil asaltou esta vivenda, e cando o anarquista Julio Acebedo logrou escapar polos tellados da mazá ata ser reducido no balcón do nº1 de Vereda do Polvorín, Consuelo e os seus fillos sentiron os disparos e foron testemuña das fuxidas. Destes feitos garda memoria Laura Torres Meitín.

Nese momento ademáis José Torres, tras ter pasado por diferentes lugares da cidade na súa fuxida das autoridades, estaba agochado na zona das Atochas, onde tomou parte no enfrontamento polas armas contra as autoridades nalgún momento entre o 10 e o 13 de xullo. Logrou fuxir indemne, pero ante o perigo de ser atrapado polas autoridades Consuelo recurriu a Alejandro Basilio Palacios e María Seijas, para que estes agocharan a José na fonda que tiñan na praza de Santa Catalina. Pero tan só uns días despois, 0 15 de xullo sobre as 21h, a Guardia Civil irrumpiu tamén na casa da familia Palacios, no marco das pesquisas e interrogatorios realizados tra-la caida das Atochas, e levaron detidos tanto a José como a Alejandro Palacios.

Segundo recolle o informe policial María Seijas declarou ter atopado a pistola que José Torres levou consigo á fonda nunha chaqueta, a cal entregou aos seus fillos menores Alicia e José, de 12 e 10 anos, para que se desfaceran dela. Os rapaces declararon posteriormente tela lanzado ao mar, nos peiraos portuarios, tra-lo edificio de La Terraza. A arma nunca foi atopada.

Chema Palacios, neto de Alejandro, describe neste vídeo [dende 1:29] o episodio da pistola de José Torres

Tortura e asasinato de José Torres

José e Alejandro foron conducidos ao calabozo da Guardia Civil, situado na rúa Médico Rodríguez. Consuelo non volveu a ver a José, xa que lle foi denegada a visita, por ser considerada a súa “amante”, e non a súa esposa. Pero segundo lles transmitiu a familia Palacios –María Seijas sí que tivo a oportunidade de visitar a Alejandro antes de ser asasinados– foran sometidos a tortura:

«Estaba mazao a palos, incluso les habían metido palillos por en medio de los dedos… los habían machacao» [Dolores Ares Torres]

Antigo cuartel da Guardia Civil na Coruña

O 16 de xullo de 1937 José Torres foi conducido do cuartel da Guardia Civil cara o cárcere provincial. Non chegou ao seu destino. Pese a que a versión oficial sitúa a súa morte nas inmediación de Punta Herminia:

A familia Torres Meitín tivo acceso a outras informacións, que sitúan o seu abatemento xunto ao de Alejandro Basilio Palacios noutro lugar. Segundo esta versión, cando ambos eran conducidos cara o cárcere foron mandados baixar da camioneta nas inmediacións da Canteira do Matadoiro, e alí aplicóuselles a lei de fugas:

«Ya lo mataron allí, en el camino, porque según dijeron algunas personas a mi madre, personas que vivían por allí, por los montes, que les estaban haciendo… tortura. Les estaban metiendo astillas en las uñas, en los pies o nosequé. Y dicen, le dijeron a mi madre, yo no sé si esto es verdad o no, que mi padre se levantó y que empezó a puñetazos con ellos. Mi padre era un hombre alto, fuerte. En el informe ponía que mi padre empujó a un policía, abusando de su corpulencia y que echó a correr y que ahí lo mataron, pero no. Habrá pensado, si nos van a torturar y a matar, pues mejor que nos maten ya» [Laura Torres, filla de José Torres e Consuelo Meitín]

autopsia de José, que foi levada a cabo na capela do cemiterio de Santo Amaro, revela que a súa morte foi producida por 11 disparos de bala. Tamén di que no momento da súa morte José lavaba bigote, ainda que segundo a familia él nunca levara bigote, e probablemente tratárase dun disfraz para despistar ás autoridades.

Encarceramento de Consuelo Meitín

Tra-la morte de José, a familia Torres Meitín viuse sometida ao acoso das autoridades, producíndose na súa vivenda rexistros, e detendo a Consuelo polos motivos máis inverosímiles, como a posesión dun xersei vermello de cativo, sendo foi detida e condeada a unha pena de dous anos de cadea, por formar parte dun suposto movemento insurreccional armado:

«Parece ser que lo único que hacía mi madre era que, como [José Torres] no podía estar siempre en la misma casa le buscaba sitios, para cambiarlo de un lao a otro. Era lo único que hacía. Le llevaba comida, la única persona que iba a verlo. Era lo único que hacía, y por eso la prendieron. La culpaban de que había andado con bombas por el monte, según me cuenta mi madre, y dice ella que les decía “cómo voy a andar yo con bombas por el monte, con cuatro hijos en casa, que tengo que ir a trabajar para manternerlos» [Laura Torres, filla de José Torres e Consuelo Meitín]

A morte de Antonio Torres

Pola súa parte, Antonio Torres foi detido o 7 de agosto de 1937 na casa de Primitiva Lodeiro, nas Xubias, no marco da investigación para evitar a fuxida do boniteiro Explorador, na que él participaba.

Antonio Torres

Despois da guerra

Cando Consuelo intentou averiguar onde estaba o cadaver de José, as autoridades franquistas ameazárona para persuadila de continuar a búsqueda:

«Cuando intentó saber donde estaba se le presentó un día la Guardia Civil en casas diciendo que no siguiera moviendo nada si no quería que le pasara lo mismo a sus hijos. Entonces desde aquella mi abuela ya… el miedo es libre» [Dolores Torres, neta de José e Consuelo]

Dende entón, e ata a súa morte no ano 1993, Consuelo gardou silencio sobre aqueles feitos e incluso sobre a figura de Torres, acerca do cal só dicía que fora un bo home:

«Ahí se acabó todo ya. Ya mi madre no quería saber nada de nada… Y como no podíamos abrir la voca, no podíamos hablar. Ella no quería hablar delante de nosotros porque éramos niños y los niños salen a la calle y hablan» [Laura Torres, filla de José e Consuelo]

Consuelo cos seus fillos Pepe, Laura, Eduardo e Roberto

Pero na primeria década do século XXI Dolores Ares, neta de Consuelo e José, iniciou un proseo de averiguación acerca do paradeiro do seu avó. Descubriu que os enterraran –a José e a Alejandro Basilio Palacios– na fosa común do cemiterio, para posteriormente levantar os osos e levalos ao osario, sobre o cal posteriormente construiron nichos. Entrou entón en contacto coa familia Palacios, e xuntos promoveron unha iniciativa para situar unha placa conmemorativa no cemiterio. As administracións públicas puxeron moitas trabas a esta iniciativa, debido á catalogación patrimonial do cemiterio, pero finalmente o impulso da familia Torres Meitín e Palacios Seijas, logrou mobilizar a construción do monumento Xérmolos de Paz e Liberdade, na avenida de Navarra, que recolle 600 nomes de vítimas do franquismo na comarca da Coruña.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *