Memorias impostas / relatos históricos oficializados

Os discursos históricos, como calquera outro tipo de discurso, son constructos elaborados a partir da selección de múltiples fragmentos –e polo tanto o descarte de moitos outros– e a súa articulación en forma de relato que compoña un marco explicativo que dé conta dunha serie de acontecementos do pasado. Todo discurso histórico é, polo tanto, parcial e situado –independentemente da distancia analítica que o historiador pretenda ou logre alcanzar– pero non todos os discursos históricos teñen a mesma capacidade de implantación ou penetración na sociedade, ao estar vinculados a grupos cuxas relacións de poder son asimétricas. As elites e grupos políticos que ocupan as institución do Estado promoven unhas políticas da memoria acordes á súa interpretación sobre os acontecementos do pasado, desprazando ou subalternizando outras, e con isto producen un relato histórico oficializado.

Ricouer acuñou o termo de memorias impostas para para referirse a aquelas que perpetúan as narrativas dos grupos políticos hexemónicos por medio das institucións baixo o seu control e que convirten un relato histórico en verdade histórica. Nun contexto político autoritario o relato histórico oficializado é absolutamente hexemónico, pois á súa reprodución pola institucións do Estado e á súa omnipresencia no ámbito cultural, súmase a proscripción de calquera outro tipo de relato histórico, e as memorias colectivas disidentes son reprimidas e silenciadas. Pese a que Ricoeur empregouno dun modo máis amplo, imos reservar o termo de memorias impostas para referirnos aos rexímenes de memoria baixo contextos autoritarios, diferenciándoo dos relatos históricos oficializados, que serían aqueles que fanse hexemónicos a través do uso das institucións estatais, pero sen emprego da represión con respecto aos relatos memorialísticos periféricos.